20.11.06

venres.17.11.06. Pub Kilé (Ordes)

...pois iso...imaxinade tocar unhas pezas para que canten o Bocixa Zenzar, o Dios que te crew García, o Markinhos Drinkin, o Xurxo Souto, o Martín Presencia 0, a Xente de Machina,..., máis todos os que estaban esa noite fermosa e inesquecible no Kilé en Ordes...
Era unha ilusión xuntarnos por alí e recordar vellos tempos de estrada do rock en galego, tomarlle uns tróspiros xuntos e pasalo todo o ben que se pasa cando se arrexuntan persoas deste calibre ...
A mín o único que me queda é darlle as GHRACIAS a todos os que esa noite me fixeron sentir un dos tipos máis felices do mundiño enteiro...
PD. Un agarimo especial para Mónika por ser sempre a que máis alto berra os retrousos...
PD2. outro ben forte para os ruxe-ruxe (xaco, zapa, oscar,alex, jimmy, xan ... e tamén chús) por ser a mellor banda da historia do rock and roll (polo menos bourando no meu corazón...).

2 comentários:

motu disse...

Pasámolo en grande, houbo un rollito especial nese garito durante esas horas... foi unha ilusión cumprida o poder estar alí sudando co resto... e claro, fíxosenos corto. Pero esto ainda non rematou, esta tarde ás 4 hai que revivilo momento escoitando a exaltación narrativa do momento nas verbas do gran Xurxo... jejeje, que presentacións meu deus!!! buf.... jajajaja

E porfin tocouse unha dos Zenzar!!! yeah!!!!!!!!!!!!! jejejejejej, moi guay, moi moi guay! :D

eres o meu crooner preferido neng.

viva o rock'n roll!

Anónimo disse...

Molou a mestura de xentes e estilos... a próxima subo a canta-los retrousos dende o escenario, jejeje. Bicosbicos.