25.11.06

primeiro estalo... 5 de decembro



...vinde á capitol oh!!!... que se fai falta convidamos a uns tróspiros a tod@s...

20.11.06

venres.17.11.06. Pub Kilé (Ordes)

...pois iso...imaxinade tocar unhas pezas para que canten o Bocixa Zenzar, o Dios que te crew García, o Markinhos Drinkin, o Xurxo Souto, o Martín Presencia 0, a Xente de Machina,..., máis todos os que estaban esa noite fermosa e inesquecible no Kilé en Ordes...
Era unha ilusión xuntarnos por alí e recordar vellos tempos de estrada do rock en galego, tomarlle uns tróspiros xuntos e pasalo todo o ben que se pasa cando se arrexuntan persoas deste calibre ...
A mín o único que me queda é darlle as GHRACIAS a todos os que esa noite me fixeron sentir un dos tipos máis felices do mundiño enteiro...
PD. Un agarimo especial para Mónika por ser sempre a que máis alto berra os retrousos...
PD2. outro ben forte para os ruxe-ruxe (xaco, zapa, oscar,alex, jimmy, xan ... e tamén chús) por ser a mellor banda da historia do rock and roll (polo menos bourando no meu corazón...).

17.11.06

escollo

Alguén lle deu ó interruptor que pon en marcha o inverno...

.....
...e de súpeto ergueuse o vento, despois viñeron choivas a caldeiros e tamén a friaxe do norte escomezou a facerme aterecer os ósos...
O primeiro catarro colleume de súpeto e fíxome restrollos,... a dor de cachola aínda vai durar vinte días despois e a moral morre estrangulada por tanta escuridade de día.
.....
...aínda así, este de Aríns escolle mil invernos mollados antes que un verán de osíxenos fervidos...
.....
saúde compañeir@s ...

15.11.06

comercial na capitol

SALA CAPITOL . 5.12.2006. 22.00 h

RUXE-RUXE + MARKINHOS DRINKIN.. Pois xa están as entradas á venda a partires de hoxe en anticipada e por 5 ouros. Podédelas mercar no Pub Trasgo, no Pub Reixa ou en discos Gong (Compostela)... e senón na taquilla o mesmo día por 6 ouros...

VINDE A ENCHERNOS DE ENERXÍA E LEDICIA E A COMPARTIR OSÍXENO na presentación do COMERCIAL ... !! BICOS PARA ELAS E APERTAS PARA ELES !!

novo

...pois aquí estamos nun alpendre novo, cunha nova dirección, cunha nova cancela na eira, cun novo palleiro no que poñerse ó abrigo do vento do norte ...

benvid@s friends...

O can-home

Cando caeu o primeiro chaparrón, o home explicouse de maneira perspicaz.

.…

Tiña o pescozo cheíño de mágoas e feridas e a mín aquelo moito me chamou a atención.

Pregunteille o porqué de non estar ao enxoito … -¿ que fai vostede baixo este relento de auga que de súpeto é chaparrón?…

-Non fago nada meu fillo, tan so vexo pasar as horas convertidas en tempo, en témporas e en temporais.

……….

O segundo chaparrón foi tan forte que ate quedou pingando o reverso do meu paraguas.

……….

Mirándolle de novo para o pescozo volvín a preguntarlle.

- e logo, ¿vostede quen ven sendo? …

- Eu non son ninguén, díxome … son home que viveu toda a vida coma can…

.….

No terceiro chaparrón o can-home botouse a andar corredoira adiante coas catro pernas afogadas na lameira daquel mollado inverno…

……….

No medio do camiño mirou para atrás, buscoume os ollos e díxome:

- Meu querido amigo, prefiro morrer de soedade e frío que volver a aturar o peso dun colar no meu pescozo …

………

E eu alí quedei mirando para el mentras se perdía no horizonte dun carreiro enlamado…