8.7.09

mércores 7 de xullo do 2009

Hoxe é mércores. Temos ensaio xeral e posta a punto para o concerto deste sábado en Vilariño de Conso (Ou).

Normalmente o grupo ensaia martes e xoves pero onte tocaban Slipnok en Compos e o Torroncho tiña as entradas mercadas e a data sinalada no almanaque dende facía non sei cantos meses ... en fín seguro que o disfrutou ...

Entón hoxe a ensaiar e a falar un pouco dos matices finais do novo disco ... pois mañán pola tarde rematamos POR FÍN de gravalo ... unha harmónica é o último que se vai facer, despois enlatalo e mandalo ao 1008 North Cole Avenue en Los Angeles onde un tal Tom Baker o vai aquelar no seu estudio de masteríng http://www.precisionmastering.com/engineers-tom.htm ...

O paisano seguro que nunca tal veu ...

en fín xa vos seguiremos informando !!!!

5.7.09

Días de verán e música ratonera.

Días de verán e música ratonera.

Comezou o verán, case que temos acabado de todo o disco novo e comezamos os concertos que o Nico nos pechou polo mundo adiante.

Os primeiros bolos que fixemos este ano foron cuns cambios ben considerables no repertorio pero, despois de varios intentos, chegamos á conclusión de que temos que facer un repertorio máis "pesado" e menos "ratonero" pois pola nosa propia natureza faisenos máis difícil de aguantar o tipo con tanto raca-raca dende o minuto 1 ate o 90.

Así que aí andamos facendo cambios nos repertorios para ver se logramos tervos ben contentiñ@s a tod@s diante do palco.

26.2.09

COLECCIÓN DE SINGLES ...

Colección de singles ...

Cheiro a cartón e fotos de superheroes colgados dunha parede.

Sacudidas de conciencia e aires de vellos punkis xa case derrotados polo paso dos grandes días.

300 ideas desordeadas condeadas á doce victoria do fracaso.

..........

Somos todos nós e todas nós, dous mil anos antes, nunha tarde latando ao instituto e sacándolle lustro á nosa colección de singles herdados.

..........

Marchamos!! ... que chegamos tarde á clase de galego e esa tipa non che anda con bromas co tema da asistencia.

..........

Pero antes pon outra vez aos Dead Kennedys ...



24.2.09

CASE DOUS ANOS DESPOIS ...

CASE DOUS ANOS DESPOIS ...

Ausencia (lat. absentia(m), id.) s.f. 3. estado de abstracción ou distracción total dunha persoa.

..........

Hola, xa estou de volta e vou a quedarme uns días por aquí.

Facía tempo que non nos mirábamos pero hoxe é o día.

Estou moi contento de estar de volta pero é un pouco tarde e teño que ir durmir.

Ata mañá logo !!!!!

10.7.07

! ista !

!ista!

…delicatessen…

bocados de realidade… mordiscos…

Verbas perdidas que atopan portas abertas. Goles que non marcan gañadores nin perdedores.

Sabiduría popular mentras os vellos toman tintas.

Moitos amigos.

Soños de moza e mozo.

Cadeliñas e canciños.

……….



E despois … nunca endexamais pechar as fiestras para deixar que entre o vento. Non porfiar a mala fe agás casos de extrema sinrazón. Tentar comer sempre quente. Andar ó enxoito e nunca mollar os pés. Non levantar paredes ou valos demasiado altos. Nunca perder de vista o cociente entre o seno e o coseno do ángulo recto que debuxas ó andar…

…e como derradeiro consello … nunca poñer colar antipulgas, pois estragan as ulideiras d@ animal en cuestión…

! ista ! ….

……….

PD. !ista! interx. Emprégase para encirrar ós cans.

4.7.07

COUSAS DE SOL.

COUSAS DE SOL

Sol (lat. sole). s.m. 1. Estrela principal do noso sistema planetario, arredor da que xiran os demáis planetas. 2. Calor e luz que produce esa estrela. … Sol . s.m. quinta nota da escala musical.

Levo tempo aghardando, mirando para o ceo, de día e de noite, escudriñando o firmamento, pero nunca atopo nada novo. ¿Será que sempre parece nubrado?. Teño fame e como, nunca teño sono e nunca durmo. Alghún día do almanaque desfíxose, a tinta fundeuse nun branco papel e de repente alghún mes quedou sen todolos días… Pero non estamos en febreiro…

Febreiro (lat. februariu). s.m. Segundo mes do ano; ten vinteoito días nos anos comúns e vintenove nos bisextos.

Ergheuse o vento, pero ven quente. Move as follas dos castaños da eira. Están fermosas as vistas pero no monte da Basanta inda queda a feluxe do último incendio. ¿Cantos anos terán que pasar para que volte á normalidade? ¿Quen carallo sería o imbecil que prendeu o misto?. ¿Estará feliz?.

Felicidade (lat. felicitate) s.m. 1 Estado de ánimo que se comprace na posesión dun ben. 2. Satisfacción. 3. Boa fortuna, boa sorte.

Todo depende, e seghún como se lea pode parecer incluso unha falta de respeto.

Molaríame ser un peixe, e tocar o saxofón, máis que nada sabendo e tendo en conta que o metal sempre está frío. ¿Un peixe?, claro, no medio do oceano, vendo como se peitean as sereas, e roubándolle os cebos ós mariñeiros.

¿Cantos anos tes? Nunca o poderemos saber xa que a iste calendario bórranselle os días, ¿non te lembras?. Menudo papelón, non ter carnet de identidade, nen fotos, nen peghadas dactilares, nen un puto reloxo recordándoche que xa son as fodidas seis da tarde.

O aire é irrespirable, a atmósfera apreta a miña claustrofobia, e o tempo é unha pistola co punto de mira sobre a miña cabeza. (choiva aceda. fervendo. RUXE-RUXE 2004).

Inda que solo sexa por matar o tempo hei de dar un vistazo dende a fiestra. … , xa voltei, e xa vín o que pasou, xa sei pq ten cobertura o meu teléfono dende o luns, ten boa explicación, vermella e branca, seica é unha antena, carallo!!!, que ben se fala polo cacharro aghora, lástima o das fodidas microondas que foden o noso cerebro.

Estamos negativos, séntese, pero debe ser cousa do sol.


(texto recuperado do "vello ouveando")...

22.6.07

21.06.07

Caeu do ceo como cae a noite en inverno.

Acordeime de anxos e anxiñ@s e, de súpeto, caín na conta de que somentes creo en demos que te vixían, empurran e manexan para facer maldades retorcidas polos camiños adiante...

..........

Escoitei un trono.

Caeu un lóstrego.

Pechei os ollos e cavilei profundamente. Meditei. Pensei remedios e solucións. Teimei día e noite no fodido caso...

..........

Un día alguén chamou á porta. Miroume con agarimo e espetoume un bico nos fuciños.

Despois díxome que me quería máis que nunca.

Finalmente explicoume que ao tempo non hai quen o entenda pero que estivera tranquilo, que despois do frío inverno sempre chega o verán.



saúde moz@s.