8.12.06

un contiño de patacón...

...tiña o xantar no plato.

Fóra chovía con con raiba de inverno e o nadal estaba a tres contas de almanaque. Os cans ladraban e as vacas durmitaban nun curruncho da corte.

Miña nai botoulle máis leña ó lume e a ghramalleira xa andaba o roxo vivo. A cociña estaba afumeada por completo.

Comín rápido. Zampei todo coma larpeiro doente e ata metín unha ducia de castañas asadas no peto do pantalón de pana.

.....

Despois saín a fóra a xogar co resto dos nenos á eira da tía Encarnación...

...non saiades do alboio, quedade ó abrigho!!! - berrában as nais dende as fiestras...

.....
.....

Pero sempre, sempre, sempre cando a lúa poñía fin ó xogo de moda, volviamos á casa pingando coma peixes.

.....
.....

2 comentários:

Anónimo disse...

bonito conto.

Anónimo disse...

bonito si, o vello anda vago ultimamente, eh???... a ver se deixamos de cantar tanta canción coa acústica e escribimos máis. Que moitos seguimos visitando esto a cada rato........