2.12.06

Voltas.

...díxenlle adeus aos amigos, fíxeno dende unha fiestra aberta ondeando un pano branco coa miña mau.

Despois collín folgos e púxenme a camiñar de novo.
Primeiro costas arriba, logo chairas enormes e inacabables e máis tarde ladeiras abaixo polas que me lancei en picado... Parei nas fontes a beber auga en follas de verdura convertidas en cuncas e mirei ao sol e tamén á lúa. Tamén falei coas estrelas, coas denuciñas, cos lobos e coas bolboretas.

...e un día xa de moi noite perdín no camiño o plano dos meus pasos...

Despois fun bohemio e tamén labrego. Fixen cemento e tamén fun carpinteiro...

Axeonlleime ante deuses que nunca atenderon a razón e cagueime neles coma quen encirra nun boi que dá mala laboura. Participei en akelarres e andiven borracho polas tabernas.

Traballei arreo pero tamén folguei ao abrigo de palleiros agochados.

.....

Un día parei de dar voltas coma pedra de muíño e pensei que facer...


...foi entón cando roubei na eirexa parroquial, merquei outra botella de whisky e bailei na tumba dos meus amigos ausentes...

.....
.....

SAUDE AMIGHIÑ@S.

1 comentário:

Anónimo disse...

moito me gusta leerte. escribe máis que nos tes moi abandonados ultimamente.