4.7.07

COUSAS DE SOL.

COUSAS DE SOL

Sol (lat. sole). s.m. 1. Estrela principal do noso sistema planetario, arredor da que xiran os demáis planetas. 2. Calor e luz que produce esa estrela. … Sol . s.m. quinta nota da escala musical.

Levo tempo aghardando, mirando para o ceo, de día e de noite, escudriñando o firmamento, pero nunca atopo nada novo. ¿Será que sempre parece nubrado?. Teño fame e como, nunca teño sono e nunca durmo. Alghún día do almanaque desfíxose, a tinta fundeuse nun branco papel e de repente alghún mes quedou sen todolos días… Pero non estamos en febreiro…

Febreiro (lat. februariu). s.m. Segundo mes do ano; ten vinteoito días nos anos comúns e vintenove nos bisextos.

Ergheuse o vento, pero ven quente. Move as follas dos castaños da eira. Están fermosas as vistas pero no monte da Basanta inda queda a feluxe do último incendio. ¿Cantos anos terán que pasar para que volte á normalidade? ¿Quen carallo sería o imbecil que prendeu o misto?. ¿Estará feliz?.

Felicidade (lat. felicitate) s.m. 1 Estado de ánimo que se comprace na posesión dun ben. 2. Satisfacción. 3. Boa fortuna, boa sorte.

Todo depende, e seghún como se lea pode parecer incluso unha falta de respeto.

Molaríame ser un peixe, e tocar o saxofón, máis que nada sabendo e tendo en conta que o metal sempre está frío. ¿Un peixe?, claro, no medio do oceano, vendo como se peitean as sereas, e roubándolle os cebos ós mariñeiros.

¿Cantos anos tes? Nunca o poderemos saber xa que a iste calendario bórranselle os días, ¿non te lembras?. Menudo papelón, non ter carnet de identidade, nen fotos, nen peghadas dactilares, nen un puto reloxo recordándoche que xa son as fodidas seis da tarde.

O aire é irrespirable, a atmósfera apreta a miña claustrofobia, e o tempo é unha pistola co punto de mira sobre a miña cabeza. (choiva aceda. fervendo. RUXE-RUXE 2004).

Inda que solo sexa por matar o tempo hei de dar un vistazo dende a fiestra. … , xa voltei, e xa vín o que pasou, xa sei pq ten cobertura o meu teléfono dende o luns, ten boa explicación, vermella e branca, seica é unha antena, carallo!!!, que ben se fala polo cacharro aghora, lástima o das fodidas microondas que foden o noso cerebro.

Estamos negativos, séntese, pero debe ser cousa do sol.


(texto recuperado do "vello ouveando")...

1 comentário:

Anónimo disse...

Non me estrana que andes canso...sempre a contracorrente...déixate levar pola marea de cando en vez ou vas quedar sen folgos e disfruta do sol, que pouco ven a vernos por estos lares...achuchóns!