20.11.06
venres.17.11.06. Pub Kilé (Ordes)

17.11.06
escollo
.....
...e de súpeto ergueuse o vento, despois viñeron choivas a caldeiros e tamén a friaxe do norte escomezou a facerme aterecer os ósos...
O primeiro catarro colleume de súpeto e fíxome restrollos,... a dor de cachola aínda vai durar vinte días despois e a moral morre estrangulada por tanta escuridade de día.
.....
...aínda así, este de Aríns escolle mil invernos mollados antes que un verán de osíxenos fervidos...
.....
saúde compañeir@s ...
15.11.06
comercial na capitol
RUXE-RUXE + MARKINHOS DRINKIN.. Pois xa están as entradas á venda a partires de hoxe en anticipada e por 5 ouros. Podédelas mercar no Pub Trasgo, no Pub Reixa ou en discos Gong (Compostela)... e senón na taquilla o mesmo día por 6 ouros...
VINDE A ENCHERNOS DE ENERXÍA E LEDICIA E A COMPARTIR OSÍXENO na presentación do COMERCIAL ... !! BICOS PARA ELAS E APERTAS PARA ELES !!
novo
benvid@s friends...
O can-home
.…
Tiña o pescozo cheíño de mágoas e feridas e a mín aquelo moito me chamou a atención.
Pregunteille o porqué de non estar ao enxoito … -¿ que fai vostede baixo este relento de auga que de súpeto é chaparrón?…
-Non fago nada meu fillo, tan so vexo pasar as horas convertidas en tempo, en témporas e en temporais.
……….
O segundo chaparrón foi tan forte que ate quedou pingando o reverso do meu paraguas.
……….
Mirándolle de novo para o pescozo volvín a preguntarlle.
- e logo, ¿vostede quen ven sendo? …
- Eu non son ninguén, díxome … son home que viveu toda a vida coma can…
.….
No terceiro chaparrón o can-home botouse a andar corredoira adiante coas catro pernas afogadas na lameira daquel mollado inverno…
……….
No medio do camiño mirou para atrás, buscoume os ollos e díxome:
- Meu querido amigo, prefiro morrer de soedade e frío que volver a aturar o peso dun colar no meu pescozo …
………
E eu alí quedei mirando para el mentras se perdía no horizonte dun carreiro enlamado…