Caeu do ceo como cae a noite en inverno.
Acordeime de anxos e anxiñ@s e, de súpeto, caín na conta de que somentes creo en demos que te vixían, empurran e manexan para facer maldades retorcidas polos camiños adiante...
..........
Escoitei un trono.
Caeu un lóstrego.
Pechei os ollos e cavilei profundamente. Meditei. Pensei remedios e solucións. Teimei día e noite no fodido caso...
..........
Un día alguén chamou á porta. Miroume con agarimo e espetoume un bico nos fuciños.
Despois díxome que me quería máis que nunca.
Finalmente explicoume que ao tempo non hai quen o entenda pero que estivera tranquilo, que despois do frío inverno sempre chega o verán.
saúde moz@s.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
nunca deixes de escribir amigo...
a moitos fainos tanto tanto ben ler as túas verbas...........
graciñas e moita SAUDE!!!
Enviar um comentário