19.1.07

...postureo...

...e falando de postureo ...

7.1.07

estéticas de primeiro de ano...

en fin...se non tedes claro como mergullarvos estéticamente no novo ano, pois aí vos deixo unhas ideas de fai vinte e pico e que daquela non acabaron de triunfar...





eu pensareino...

.....

maniotas.

Foi dura a mañá de onte.

Os anos van pasando e un xa non ten 20 anos aínda que polo calado en nun gran exercicio de autoengano o queira pensar.


.....
.....

Puxen a alarma do meu reloxo xaponés para ás dez da mañá, na noite na que agardei aos reis de oriente coma bon republicano interesado e comenencias que un é según para que cousas…

…. despois durmín pouco e mal e, ademais, cunha ferida na planta do pé dereito por mor dunha zapatilla rebelde que me acompañou no meu paseo de última hora polos centros comerciais de Compos na procura dun agasallo para o meu afillado Mateo....

.....

… e a eso das dez e dez almorcei rápido, puxen unhas botas de futbito e aló me fun para o o campo de terra de Santa Lucía despois de coller no faiado dous balóns que mercamos o ano pasado…

….e despois… a xogar o “partido de reis” que facemos cada mañá de reises dende fai máis de vinte anos e sen faltar nunca á cita, chova, neve o caian lóstreghos do ceo…

O partido??...pois caralludo e divertido coma sempre e ademáis coa idea de que aínda nos conservamos ben en forma a pesares dos pesares…

…despois a pulpada-churrascada nas que se comentan as mellores xogadas…

¡!!ollo!!!, onte botamos contas e quedou claro que Fran “corvo” máis eu somos os únicos que non se perderon ningunha das citas co partido (nin lesións, nin catarros, nin nada de nada), que Polo somentes se perdeu un por culpa da mili, que o Pastelero perdeuse algún partido pero nunca a posterior churrascada, que outros son como as pantasmas que aparecen e logo desaparecen e logo volven a aparecer…en fín, estadística e divertimento…

.....

Pois veña, a todos os que viñestes a xogar (onte eramos 18), @s que viñestes uns anos si e outros non, ou @s que viredes o ano que ven ou en futuros máis lonxanos, a tod@s vai adicado esta pequena lembranza de cómo foi o meu día de reises no campo de terra de Santa Lucía.

...tamén ós amigos de cando eramos cativos que seguimos indo alí cada ano,(en moitas ocasións é a única vez que nos vemos ó longo do ano), por sernos tan fieis uns ós outros nesta pequena e fermosa tradición...(buff 20 anos...mimá).

.....

PD. Lástima de ter a ferida na planta do pé…

PD2. Fodidas maniotas.

.....
.....

22.12.06

feliz nadal

pois eso...que teñades tod@s un feliz nadal...

8.12.06

un contiño de patacón...

...tiña o xantar no plato.

Fóra chovía con con raiba de inverno e o nadal estaba a tres contas de almanaque. Os cans ladraban e as vacas durmitaban nun curruncho da corte.

Miña nai botoulle máis leña ó lume e a ghramalleira xa andaba o roxo vivo. A cociña estaba afumeada por completo.

Comín rápido. Zampei todo coma larpeiro doente e ata metín unha ducia de castañas asadas no peto do pantalón de pana.

.....

Despois saín a fóra a xogar co resto dos nenos á eira da tía Encarnación...

...non saiades do alboio, quedade ó abrigho!!! - berrában as nais dende as fiestras...

.....
.....

Pero sempre, sempre, sempre cando a lúa poñía fin ó xogo de moda, volviamos á casa pingando coma peixes.

.....
.....

3.12.06

back in black

pois iso...



... moito millor que ac/dc ... onde vai parar...

2.12.06

Voltas.

...díxenlle adeus aos amigos, fíxeno dende unha fiestra aberta ondeando un pano branco coa miña mau.

Despois collín folgos e púxenme a camiñar de novo.
Primeiro costas arriba, logo chairas enormes e inacabables e máis tarde ladeiras abaixo polas que me lancei en picado... Parei nas fontes a beber auga en follas de verdura convertidas en cuncas e mirei ao sol e tamén á lúa. Tamén falei coas estrelas, coas denuciñas, cos lobos e coas bolboretas.

...e un día xa de moi noite perdín no camiño o plano dos meus pasos...

Despois fun bohemio e tamén labrego. Fixen cemento e tamén fun carpinteiro...

Axeonlleime ante deuses que nunca atenderon a razón e cagueime neles coma quen encirra nun boi que dá mala laboura. Participei en akelarres e andiven borracho polas tabernas.

Traballei arreo pero tamén folguei ao abrigo de palleiros agochados.

.....

Un día parei de dar voltas coma pedra de muíño e pensei que facer...


...foi entón cando roubei na eirexa parroquial, merquei outra botella de whisky e bailei na tumba dos meus amigos ausentes...

.....
.....

SAUDE AMIGHIÑ@S.