22.12.06

feliz nadal

pois eso...que teñades tod@s un feliz nadal...

8.12.06

un contiño de patacón...

...tiña o xantar no plato.

Fóra chovía con con raiba de inverno e o nadal estaba a tres contas de almanaque. Os cans ladraban e as vacas durmitaban nun curruncho da corte.

Miña nai botoulle máis leña ó lume e a ghramalleira xa andaba o roxo vivo. A cociña estaba afumeada por completo.

Comín rápido. Zampei todo coma larpeiro doente e ata metín unha ducia de castañas asadas no peto do pantalón de pana.

.....

Despois saín a fóra a xogar co resto dos nenos á eira da tía Encarnación...

...non saiades do alboio, quedade ó abrigho!!! - berrában as nais dende as fiestras...

.....
.....

Pero sempre, sempre, sempre cando a lúa poñía fin ó xogo de moda, volviamos á casa pingando coma peixes.

.....
.....

3.12.06

back in black

pois iso...



... moito millor que ac/dc ... onde vai parar...

2.12.06

Voltas.

...díxenlle adeus aos amigos, fíxeno dende unha fiestra aberta ondeando un pano branco coa miña mau.

Despois collín folgos e púxenme a camiñar de novo.
Primeiro costas arriba, logo chairas enormes e inacabables e máis tarde ladeiras abaixo polas que me lancei en picado... Parei nas fontes a beber auga en follas de verdura convertidas en cuncas e mirei ao sol e tamén á lúa. Tamén falei coas estrelas, coas denuciñas, cos lobos e coas bolboretas.

...e un día xa de moi noite perdín no camiño o plano dos meus pasos...

Despois fun bohemio e tamén labrego. Fixen cemento e tamén fun carpinteiro...

Axeonlleime ante deuses que nunca atenderon a razón e cagueime neles coma quen encirra nun boi que dá mala laboura. Participei en akelarres e andiven borracho polas tabernas.

Traballei arreo pero tamén folguei ao abrigo de palleiros agochados.

.....

Un día parei de dar voltas coma pedra de muíño e pensei que facer...


...foi entón cando roubei na eirexa parroquial, merquei outra botella de whisky e bailei na tumba dos meus amigos ausentes...

.....
.....

SAUDE AMIGHIÑ@S.

25.11.06

primeiro estalo... 5 de decembro



...vinde á capitol oh!!!... que se fai falta convidamos a uns tróspiros a tod@s...

20.11.06

venres.17.11.06. Pub Kilé (Ordes)

...pois iso...imaxinade tocar unhas pezas para que canten o Bocixa Zenzar, o Dios que te crew García, o Markinhos Drinkin, o Xurxo Souto, o Martín Presencia 0, a Xente de Machina,..., máis todos os que estaban esa noite fermosa e inesquecible no Kilé en Ordes...
Era unha ilusión xuntarnos por alí e recordar vellos tempos de estrada do rock en galego, tomarlle uns tróspiros xuntos e pasalo todo o ben que se pasa cando se arrexuntan persoas deste calibre ...
A mín o único que me queda é darlle as GHRACIAS a todos os que esa noite me fixeron sentir un dos tipos máis felices do mundiño enteiro...
PD. Un agarimo especial para Mónika por ser sempre a que máis alto berra os retrousos...
PD2. outro ben forte para os ruxe-ruxe (xaco, zapa, oscar,alex, jimmy, xan ... e tamén chús) por ser a mellor banda da historia do rock and roll (polo menos bourando no meu corazón...).

17.11.06

escollo

Alguén lle deu ó interruptor que pon en marcha o inverno...

.....
...e de súpeto ergueuse o vento, despois viñeron choivas a caldeiros e tamén a friaxe do norte escomezou a facerme aterecer os ósos...
O primeiro catarro colleume de súpeto e fíxome restrollos,... a dor de cachola aínda vai durar vinte días despois e a moral morre estrangulada por tanta escuridade de día.
.....
...aínda así, este de Aríns escolle mil invernos mollados antes que un verán de osíxenos fervidos...
.....
saúde compañeir@s ...