6.12.09

Cosmonautas nas quimbambas

Pois si !

Pasaxeiros, que nunca pilotos.

Cosmonautas nas quimbambas.

De estrela en estrela galaxia arriba e galaxia abaixo.

..........

Díxome un día unha veciña, xa entrada en anos, que vivir seica se trata de fuxir, de arredar das pantasmas máis ruíns, de escapar de todo canto nos poida ferir ou, na súa contra, prestar moito.

A primeira fuxida é bastante lóxica e a segunda tamén, pois a vida de escravo non é para xente coma nós, aínda que sexa ser escravos de apetencias primitivas.

..........

Lástima de Han Solo de piloto ...

26.2.09

COLECCIÓN DE SINGLES ...

Colección de singles ...

Cheiro a cartón e fotos de superheroes colgados dunha parede.

Sacudidas de conciencia e aires de vellos punkis xa case derrotados polo paso dos grandes días.

300 ideas desordeadas condeadas á doce victoria do fracaso.

..........

Somos todos nós e todas nós, dous mil anos antes, nunha tarde latando ao instituto e sacándolle lustro á nosa colección de singles herdados.

..........

Marchamos!! ... que chegamos tarde á clase de galego e esa tipa non che anda con bromas co tema da asistencia.

..........

Pero antes pon outra vez aos Dead Kennedys ...



24.2.09

CASE DOUS ANOS DESPOIS ...

CASE DOUS ANOS DESPOIS ...

Ausencia (lat. absentia(m), id.) s.f. 3. estado de abstracción ou distracción total dunha persoa.

..........

Hola, xa estou de volta e vou a quedarme uns días por aquí.

Facía tempo que non nos mirábamos pero hoxe é o día.

Estou moi contento de estar de volta pero é un pouco tarde e teño que ir durmir.

Ata mañá logo !!!!!

10.7.07

! ista !

!ista!

…delicatessen…

bocados de realidade… mordiscos…

Verbas perdidas que atopan portas abertas. Goles que non marcan gañadores nin perdedores.

Sabiduría popular mentras os vellos toman tintas.

Moitos amigos.

Soños de moza e mozo.

Cadeliñas e canciños.

……….



E despois … nunca endexamais pechar as fiestras para deixar que entre o vento. Non porfiar a mala fe agás casos de extrema sinrazón. Tentar comer sempre quente. Andar ó enxoito e nunca mollar os pés. Non levantar paredes ou valos demasiado altos. Nunca perder de vista o cociente entre o seno e o coseno do ángulo recto que debuxas ó andar…

…e como derradeiro consello … nunca poñer colar antipulgas, pois estragan as ulideiras d@ animal en cuestión…

! ista ! ….

……….

PD. !ista! interx. Emprégase para encirrar ós cans.

4.7.07

COUSAS DE SOL.

COUSAS DE SOL

Sol (lat. sole). s.m. 1. Estrela principal do noso sistema planetario, arredor da que xiran os demáis planetas. 2. Calor e luz que produce esa estrela. … Sol . s.m. quinta nota da escala musical.

Levo tempo aghardando, mirando para o ceo, de día e de noite, escudriñando o firmamento, pero nunca atopo nada novo. ¿Será que sempre parece nubrado?. Teño fame e como, nunca teño sono e nunca durmo. Alghún día do almanaque desfíxose, a tinta fundeuse nun branco papel e de repente alghún mes quedou sen todolos días… Pero non estamos en febreiro…

Febreiro (lat. februariu). s.m. Segundo mes do ano; ten vinteoito días nos anos comúns e vintenove nos bisextos.

Ergheuse o vento, pero ven quente. Move as follas dos castaños da eira. Están fermosas as vistas pero no monte da Basanta inda queda a feluxe do último incendio. ¿Cantos anos terán que pasar para que volte á normalidade? ¿Quen carallo sería o imbecil que prendeu o misto?. ¿Estará feliz?.

Felicidade (lat. felicitate) s.m. 1 Estado de ánimo que se comprace na posesión dun ben. 2. Satisfacción. 3. Boa fortuna, boa sorte.

Todo depende, e seghún como se lea pode parecer incluso unha falta de respeto.

Molaríame ser un peixe, e tocar o saxofón, máis que nada sabendo e tendo en conta que o metal sempre está frío. ¿Un peixe?, claro, no medio do oceano, vendo como se peitean as sereas, e roubándolle os cebos ós mariñeiros.

¿Cantos anos tes? Nunca o poderemos saber xa que a iste calendario bórranselle os días, ¿non te lembras?. Menudo papelón, non ter carnet de identidade, nen fotos, nen peghadas dactilares, nen un puto reloxo recordándoche que xa son as fodidas seis da tarde.

O aire é irrespirable, a atmósfera apreta a miña claustrofobia, e o tempo é unha pistola co punto de mira sobre a miña cabeza. (choiva aceda. fervendo. RUXE-RUXE 2004).

Inda que solo sexa por matar o tempo hei de dar un vistazo dende a fiestra. … , xa voltei, e xa vín o que pasou, xa sei pq ten cobertura o meu teléfono dende o luns, ten boa explicación, vermella e branca, seica é unha antena, carallo!!!, que ben se fala polo cacharro aghora, lástima o das fodidas microondas que foden o noso cerebro.

Estamos negativos, séntese, pero debe ser cousa do sol.


(texto recuperado do "vello ouveando")...

22.6.07

21.06.07

Caeu do ceo como cae a noite en inverno.

Acordeime de anxos e anxiñ@s e, de súpeto, caín na conta de que somentes creo en demos que te vixían, empurran e manexan para facer maldades retorcidas polos camiños adiante...

..........

Escoitei un trono.

Caeu un lóstrego.

Pechei os ollos e cavilei profundamente. Meditei. Pensei remedios e solucións. Teimei día e noite no fodido caso...

..........

Un día alguén chamou á porta. Miroume con agarimo e espetoume un bico nos fuciños.

Despois díxome que me quería máis que nunca.

Finalmente explicoume que ao tempo non hai quen o entenda pero que estivera tranquilo, que despois do frío inverno sempre chega o verán.



saúde moz@s.

6.5.07

PET SEMATERY

Sobre o arco dun tempo destíñense as táboas.
Vellos trasnos e guerreiros
surxen do chao sen facer ruido.
O cheiro a morte está en todos lados
e pola noite cando sopla o vento frío,
a ninguén lle importa…, ninguén sabe nada…

Non quero ser enterrado nun cemiterio de animais,
Non quero vivir a miña vida outra vez…

Sigo a Vitor ao lugar sagrado,
esto non é un soño, non podo fuxir,
molares e dentellos, ruido de osos,
espíritus xemindo entre as lápidas,
pola noite, cando brilla a lúa
alguén chora, algo non está ben.

Non quero ser enterrado nun cemiterio de animais,
Non quero vivir a miña vida outra vez…

A lúa está chea, o ar está calmo,
de súpeto sinto un escalofrío,
Vitor está sorrindo, a carne está caendo
os esqueletes bailan, eu maldigo este día
e pola noite cando os lobos ouvean
se prestas atención escoitarás gritar.

Non quero ser enterrado nun cemiterio de animais,
Non quero vivir a miña vida outra vez…

(Dee Dee Ramone/Daniel Rey)

5.5.07

MORFINA.

Erguín a mirada doente. Ao mellor non era ese o meu día de sorte.

Carallo!!.

Sempre chove?!!

Saquei dos petos as dúas pedras que recollera na cuneta pegada ao roleiro.

Buff.

Teño o demo no corpo. Apreto os dentes e doulle forte.

Na cabeza teño aquela canción. Escoito o saxo, a batería e o baixo. O cantante seica xa morreu.

……….

Durmín moito, os músicos comezaron de novo ao compás e ao día seguinte todo cambiou.

29.4.07

BAILAREMOS TODA A NOITE.

Dínlle volume ao aparato. Xa era tarde, moi tarde. Saquei as zapatillas de xogar ao futebol sala e quedei cos pés no chao e sen calcetíns.

Pechei os ollos e apaguei a luz. Quedaría ás escuras de non ser a claridade da lúa que entrou polas rendixas da persiana.

Ela enfronte miña.

..........

Hoxe seremos coma os mozos da auga. Seremos dous. Ti máis eu. El máis ela. Bicarémonos polo calado. Bicarémonos polo miudo.

Esta é a noite. Bailaremos toda a noite e mañá todo o día.

Non pararemos. Non cansaremos. Non acougaremos.

Xa sei que o sabes.

Bailaremos toda a noite.

Bailaremos eternamente e nunca cansaremos.

17.3.07

LIFE IS CRAZY



...e agora unha versión de aquí ... auténtica ...



...........................................

...a inspiración foise,
colleu pola porta de atrás e nin para mín mirou,
deixoume so, mirando para o televisor e cun fato de cedeses vellos
cambiados de caixa...

...LIFE IS CRAZY...
...CANDY, BABY ...

saúde moz@s.

25.2.07

inspiración !?

...observaredes que estou feito un preguiceiro !!! ... é certo, así que para darlle un pouco de vidilla a esto vou a seguir tirando de youtube ate que cheguen as ganas e a inspiración ...




saúde amig@s...

19.1.07

...postureo...

...e falando de postureo ...

7.1.07

estéticas de primeiro de ano...

en fin...se non tedes claro como mergullarvos estéticamente no novo ano, pois aí vos deixo unhas ideas de fai vinte e pico e que daquela non acabaron de triunfar...





eu pensareino...

.....

maniotas.

Foi dura a mañá de onte.

Os anos van pasando e un xa non ten 20 anos aínda que polo calado en nun gran exercicio de autoengano o queira pensar.


.....
.....

Puxen a alarma do meu reloxo xaponés para ás dez da mañá, na noite na que agardei aos reis de oriente coma bon republicano interesado e comenencias que un é según para que cousas…

…. despois durmín pouco e mal e, ademais, cunha ferida na planta do pé dereito por mor dunha zapatilla rebelde que me acompañou no meu paseo de última hora polos centros comerciais de Compos na procura dun agasallo para o meu afillado Mateo....

.....

… e a eso das dez e dez almorcei rápido, puxen unhas botas de futbito e aló me fun para o o campo de terra de Santa Lucía despois de coller no faiado dous balóns que mercamos o ano pasado…

….e despois… a xogar o “partido de reis” que facemos cada mañá de reises dende fai máis de vinte anos e sen faltar nunca á cita, chova, neve o caian lóstreghos do ceo…

O partido??...pois caralludo e divertido coma sempre e ademáis coa idea de que aínda nos conservamos ben en forma a pesares dos pesares…

…despois a pulpada-churrascada nas que se comentan as mellores xogadas…

¡!!ollo!!!, onte botamos contas e quedou claro que Fran “corvo” máis eu somos os únicos que non se perderon ningunha das citas co partido (nin lesións, nin catarros, nin nada de nada), que Polo somentes se perdeu un por culpa da mili, que o Pastelero perdeuse algún partido pero nunca a posterior churrascada, que outros son como as pantasmas que aparecen e logo desaparecen e logo volven a aparecer…en fín, estadística e divertimento…

.....

Pois veña, a todos os que viñestes a xogar (onte eramos 18), @s que viñestes uns anos si e outros non, ou @s que viredes o ano que ven ou en futuros máis lonxanos, a tod@s vai adicado esta pequena lembranza de cómo foi o meu día de reises no campo de terra de Santa Lucía.

...tamén ós amigos de cando eramos cativos que seguimos indo alí cada ano,(en moitas ocasións é a única vez que nos vemos ó longo do ano), por sernos tan fieis uns ós outros nesta pequena e fermosa tradición...(buff 20 anos...mimá).

.....

PD. Lástima de ter a ferida na planta do pé…

PD2. Fodidas maniotas.

.....
.....

22.12.06

feliz nadal

pois eso...que teñades tod@s un feliz nadal...

8.12.06

un contiño de patacón...

...tiña o xantar no plato.

Fóra chovía con con raiba de inverno e o nadal estaba a tres contas de almanaque. Os cans ladraban e as vacas durmitaban nun curruncho da corte.

Miña nai botoulle máis leña ó lume e a ghramalleira xa andaba o roxo vivo. A cociña estaba afumeada por completo.

Comín rápido. Zampei todo coma larpeiro doente e ata metín unha ducia de castañas asadas no peto do pantalón de pana.

.....

Despois saín a fóra a xogar co resto dos nenos á eira da tía Encarnación...

...non saiades do alboio, quedade ó abrigho!!! - berrában as nais dende as fiestras...

.....
.....

Pero sempre, sempre, sempre cando a lúa poñía fin ó xogo de moda, volviamos á casa pingando coma peixes.

.....
.....

3.12.06

back in black

pois iso...



... moito millor que ac/dc ... onde vai parar...

2.12.06

Voltas.

...díxenlle adeus aos amigos, fíxeno dende unha fiestra aberta ondeando un pano branco coa miña mau.

Despois collín folgos e púxenme a camiñar de novo.
Primeiro costas arriba, logo chairas enormes e inacabables e máis tarde ladeiras abaixo polas que me lancei en picado... Parei nas fontes a beber auga en follas de verdura convertidas en cuncas e mirei ao sol e tamén á lúa. Tamén falei coas estrelas, coas denuciñas, cos lobos e coas bolboretas.

...e un día xa de moi noite perdín no camiño o plano dos meus pasos...

Despois fun bohemio e tamén labrego. Fixen cemento e tamén fun carpinteiro...

Axeonlleime ante deuses que nunca atenderon a razón e cagueime neles coma quen encirra nun boi que dá mala laboura. Participei en akelarres e andiven borracho polas tabernas.

Traballei arreo pero tamén folguei ao abrigo de palleiros agochados.

.....

Un día parei de dar voltas coma pedra de muíño e pensei que facer...


...foi entón cando roubei na eirexa parroquial, merquei outra botella de whisky e bailei na tumba dos meus amigos ausentes...

.....
.....

SAUDE AMIGHIÑ@S.

25.11.06

primeiro estalo... 5 de decembro



...vinde á capitol oh!!!... que se fai falta convidamos a uns tróspiros a tod@s...

20.11.06

venres.17.11.06. Pub Kilé (Ordes)

...pois iso...imaxinade tocar unhas pezas para que canten o Bocixa Zenzar, o Dios que te crew García, o Markinhos Drinkin, o Xurxo Souto, o Martín Presencia 0, a Xente de Machina,..., máis todos os que estaban esa noite fermosa e inesquecible no Kilé en Ordes...
Era unha ilusión xuntarnos por alí e recordar vellos tempos de estrada do rock en galego, tomarlle uns tróspiros xuntos e pasalo todo o ben que se pasa cando se arrexuntan persoas deste calibre ...
A mín o único que me queda é darlle as GHRACIAS a todos os que esa noite me fixeron sentir un dos tipos máis felices do mundiño enteiro...
PD. Un agarimo especial para Mónika por ser sempre a que máis alto berra os retrousos...
PD2. outro ben forte para os ruxe-ruxe (xaco, zapa, oscar,alex, jimmy, xan ... e tamén chús) por ser a mellor banda da historia do rock and roll (polo menos bourando no meu corazón...).